sábado, 17 de diciembre de 2016

Sete Pecados

O seguinte traballo consistía crear un logotipo cuxo nome fora "Sete Pecados", tras probar no photoshop, aquí teño as mellores opcións/resultados que creei. Todos comparten o mesmo tono de vermello (elexido porque parece o tono do sangue) e o negro, que e unha cor que recorda a morte e queda ben con ese vermello.



Neste primeiro deseño, na primeira imaxa o mango do tridente se xunta co sete, e a continuación as letras de "Pecados", e a segunda imaxe é igual pero o S de Pecados ten o corno dereito (dende o punto de vista do espectador) do demo.




Neste segundo deseño, queria variar do tridente e usar o simbolo do demo, a famosa estrela. No primeiro a estrela se lle recorta a un circulo, pero como me recordaba ao escudo de capitán américa fixen a segunda opción, que é como a anterior pero sen a liña circular exterior, é máis simple e o sete está escrito con letras, penso que é máis bonito estéticamente.




 Nestas opcións, quixen ir ao básico e típico, sobre un círculo (fondo circular porque me parece bonito, simple e estético, que para un logo sempre queda ben) no caso da esquerda o tridente está recortado, ou sexa é transparente co nome debaixo e no da dereita o tridente en negro a xogo co 7 está por encima do círculo.




Estos dous últimos deseños acabaron derivando nunha 3ra opción que era esta, na que coller a cabeza do tridente e recortarlla ao círculo (a silueta e transparencia) co nome debaixo, facendo o logo moito máis simple.



Estas son as miñas propostas para o traballo, se tivera que elexir unha elexiría ou esta última ou a 2da estrela.






viernes, 2 de diciembre de 2016

Fotomontaxe

Este traballo consistía en manipular imaxes e crear un fotomontaxe, no meu caso, collín unha foto dun carlino e a que uso de fondo, e mediante o programa de edición GIMP fixen un montaxe simulando unha batalla do pokémon. Bueno, mais ben un encontro cun pokémon salvaxe.